InicioEconomíaA CIG anuncia mobilizacións ante a "falta de política industrial" que supón...

A CIG anuncia mobilizacións ante a “falta de política industrial” que supón unha ameaza “para a automoción galega”

"Nin a fábrica chinesa que se anunciou para Vigo primeiro, nin a de baterías que ía vir despois saíron adiante, mentres vemos como se están reforzando os polos industriais do norte de Portugal, de Aragón-Áraba ou o africano", segundo recolle a CIG nun comunicado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG anunciou este martes a posta en marcha dunha campaña de información, concienciación e mobilizacións en defensa da automoción galega ante a “falta de política industrial” que, ao seu xuízo, “ameaza o futuro do sector”.

En rolda de prensa, o secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas, alertou das ameazas que comprometen o porvir da automoción e dos miles de empregos ligados á mesma, denunciando os “insoportables niveis de precariedade e de inestabilidade laboral” que padecen os traballadores.

“A falta dunha política industrial por parte da Xunta e a ausencia de investimentos por parte da empresa principal, Stellantis, de face á fabricación de novos modelos de vehículos eléctricos comprometen seriamente a supervivencia do sector”, lamentou Bouzas, que estivo acompañado pola coordinadora de Automoción da federación, María Xosé García.

Ambos abordaron os retos que afronta o sector, como as actuais condicións de traballo e o proceso de transformación da automoción a nivel mundial.

Así, aseguraron que Galicia non rexistrou a instalación de ningunha nova empresa de compoñentes desde que se puxo en marcha o proceso de descarbonización e anunciouse a prohibición de fabricar coches de combustión a partir de 2030.

“Nin a fábrica chinesa que se anunciou para Vigo primeiro, nin a de baterías que ía vir despois saíron adiante, mentres vemos como se están reforzando os polos industriais do norte de Portugal, de Aragón-Áraba ou o africano”, engadiron, segundo recolle a CIG nun comunicado.

Por iso, o sindicato iniciará unha campaña de protestas, que comezará cunha manifestación este xoves, día 16 de novembro, en Vigo, partindo desde As Travesas ata Stellantis ás 18,00 horas.

ÚLTIMAS

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...