InicioSucesosUn accidente na A-55 á saída de Vigo deixa unha muller ferida...

Un accidente na A-55 á saída de Vigo deixa unha muller ferida e retencións

Varios particulares altertaron a Emerxencias sobre as 7,40 horas pola presenza dun coche envorcado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller de 33 anos de idade resultou ferida tras envorcar o seu vehículo na autovía A-55, á saída de Vigo en dirección Tui, nun accidente que provocou retencións á primeira hora deste martes. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, varios particulares altertaron a Emerxencias sobre as 7,40 horas pola presenza dun coche envorcado no punto quilométrico 5 da autovía A-55, e sinalaban que non sabían se a persoa que ía no interior podería saír polos seus propios medios.

O 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias-061, Garda Civil de Tráfico, bombeiros de Vigo, Policía Local e persoal de mantemento da vía. Finalmente, os profesionais sanitarios atenderon no punto a unha muller de 33 anos, que logo foi trasladada en ambulancia privada a un centro sanitario.

ÚLTIMAS

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...

A Deputación de Pontevedra envía a Vigo un requirimento para “salvar” o investimento de 2,5 millóns en Finca Matías

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, informou de que este xoves o...

Mos reclama máis seguridade na N-550 tras o atropelo dunha peregrina

O Concello de Mos remitiu nas últimas horas un novo escrito á Subdelegación do...

Dous detidos por roubo de móbiles e roupa valorados en preto de mil euros nun centro comercial de Vigo

A Policía Local de Vigo detivo nos últimos días a dous mozos tras roubar...