InicioPolíticaUnanimidade no Parlamento contra a sinistralidade dentro do sector naval da ría...

Unanimidade no Parlamento contra a sinistralidade dentro do sector naval da ría de Vigo

A iniciativa, defendida pola nacionalista Carmela González, conseguiu o apoio completo da comisión parlamentaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Comisión 6ª de Industria aprobou este venres por unanimidade unha proposición non de lei contra contra a sinistralidade no sector naval da ría de Vigo e mellora das condicións laborais para frear o incremento de accidentes e perda de vidas humanas.

A iniciativa, defendida pola nacionalista Carmela González, conseguiu o apoio completo da comisión parlamentaria.

A deputada do BNG lembrou que o 24 de novembro de 2022, un peón de 42 anos faleceu nos estaleiros Cardama de Vigo ao caerlle encima un gran bloque de aceiro que estaba a ser descargado dun camión. O traballador falecido traballaba para unha empresa auxiliar.

O 20 de setembro de 2023, ás 12.05 horas da mañá, un operario de 41 anos tamén falecía nos estaleiros Armón de Vigo ao quedar esmagado por un guindastre, o operario falecido traballaba para unha subcontrata dunha subcontrata de Armón.

Estas dúas mortes, sinalou, producíronse en menos dun ano no sector naval de Vigo e súmanse ás que se produciron con anterioridade nun sector cun alto risco de sinistralidade laboral sen que “nin a Inspección de Traballo, nin a Xunta de Galicia adoptaran as medidas para evitar estes accidentes”.

Na súa opinión, é o momento de tomar medidas “urxentes” para “garantir condicións de traballo seguras e cun modelo produtivo que aposte por condicións laborais dignas que eviten o gran número de accidentes que se están producindo no ámbito laboral”.

Así, indicou que os datos de sinistralidade laboral en Galicia nos últimos anos son “alarmantes”, con 6.000 accidentes laborais, dos que 15 tiveron como resultado a morte da persoa traballadora.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...