InicioSociedadeUnha asociación xitana pide "xustiza e non vinganza" polo incendio de Vigo

Unha asociación xitana pide “xustiza e non vinganza” polo incendio de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asociación Sociedade Xitana Española pediu este xoves “xustiza e non vinganza” polo incendio rexistrado este pasado mércores en Vigo, que se saldou con catro persoas falecidas, unha nai e tres dos seus fillos menores.

Así o sinalou ante os medios de comunicación o presidente da entidade e que noutro tempo se autotitulaba como “Príncipe dos xitanos” de Galicia, Sinaí Giménez, –que tamén foi candidato ás eleccións locais en Vigo– quen apuntou directamente cara a dúas persoas como sospeitosas de provocar o lume no edificio da rúa Alfonso X O Sabio.

Segundo el, varias testemuñas viron a dous homes saír do edificio con garrafas de gasolina. Un deles sería un home que okupara un piso do inmoble e sería expulsado por “conflitivo” hai semanas, asegurando que “se el non vivía alí, non ía vivir nin Deus”, segundo relataron veciños.

A pesar diso, fontes da investigación consultadas por Europa Press aseguraron que a Policía mantén abertas todas as liñas de investigación do incendio, á espera do informe dos axentes da Científica. Ademais, subliñan que non se levaron a cabo detencións polo caso e que as primeiras investigacións apuntan a que “non hai indicios” de que o lume fose provocado.

VIVENDAS SOCIAIS

Entre outras solicitudes, Giménez insistiu en pedir ao Concello de Vigo e directamente ao alcalde, Abel Caballero, vivendas sociais para as familias que vivían no edificio incendiado “e que quedaron sen casa”.

El subliñou a importancia de que as administracións “atendan aos máis pobres”, non só neste caso, senón en xeral, para evitar que se produzan situacións similares.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un fuxitivo reclamado por Venezuela por estafar máis de 600.000 euros

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a un home que tiña en vigor...

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...