InicioSociedadeRenfe incorpora unha nova frecuencia diaria entre Vigo e Santiago a partir...

Renfe incorpora unha nova frecuencia diaria entre Vigo e Santiago a partir deste luns

PUBLICADO O

- Advertisement -

Renfe incorpora a partir deste luns, 16 de outubro, unha nova frecuencia diaria que unirá as estacións de Vigo-Guixar e Santiago de Compostela, con paradas en Redondela, Pontevedra, Vilagarcía, Pontecesures e Padrón.

O tren partirá da estación de Vigo Guixar ás 17,05 horas. Terá paradas en: Redondela ás 17,17; Pontevedra ás 17,32; Vilagarcía de Arousa ás 17,50; Pontecesures ás 18,10; Padrón ás 18,14 e finalizará o seu percorrido en Santiago de Compostela ás 18,35.

Tamén se reorganiza outro servizo xa existente cunha modificación horaria. O tren que actualmente realiza o traxecto Santiago de Compostela-Vilagarcía e sae da capital ás 18,00 horas, o cal a partir agora sairá ás 19,10 horas.

Segundo informa a compañía nun comunicado, con este servizo serán un total de 143 as frecuencias semanais en cada sentido, un total de 286 se se suman ambos os sentidos, as que permitirán desprazarse ao longo do Eixo Atlántico.

O pasado 28 de marzo, Renfe ampliou a súa oferta de servizos entre Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa coa incorporación de catro trens entre ambas as cidades, así como un servizo máis entre Santiago de Compostela e Vigo-Guixar. Ademais, dous trens que xa circulaban entre Santiago e Vigo-Guixar ampliaron os seus días de circulación ao pasar a ser diarios.

ÚLTIMAS

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...