InicioEconomíaAbel Caballero critica a Rueda por "caer na conta agora" do PERTE...

Abel Caballero critica a Rueda por “caer na conta agora” do PERTE en Stellantis

O rexedor olívico reivindicou que el leva seis meses asegurando que a factoría automobilística viguesa terá financiamento do Perte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reaccionou á reunión que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo este martes co ministro de Industria, Comercio e Turismo en funcións, Héctor Gómez, criticando que o líder autonómico “caia na conta agora” de que Stellantis entrará nas axudas do próximo proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica do vehículo eléctrico e conectado (Perte VEC).

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor olívico reivindicou que el leva seis meses asegurando que a factoría automobilística viguesa terá financiamento do Perte, mentres que Rueda “caia na conta hoxe”, tras seis meses “mentindo”, dicindo “que non había Perte e que o Goberno non atendía a Stellantis”.

“Non vai asumir ningunha responsabilidade política? Non vai pedir perdón?”, engadiu Caballero, acusando o presidente autonómico de utilizar este argumento como “ataque” ao Goberno central e ao de Vigo. “Mente continuamente”, sentenciou Caballero, indicado que Roda é un “presidente irresponsable”.

Todo iso despois de que Ruea e Gómez mantivesen este martes un encontro en Madrid, onde o ministro lle trasladou ao presidente galego que as perspectivas “son boas” para que Stellantis poida beneficiarse da convocatoria do próximo Perte.

Ten que haber a resolución, pero o traballo previo que se veu desenvolvendo, o ministerio, a propia Stellantis, a información que se nos forneceu, móvenos ao optimismo; é fundamental que unha fábrica tan importante siga (…) abrindo novas vías de produto”, proclamou Rueda.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...