InicioSucesosPiden seis anos de cárcere para un acusado de apuñalar no peito...

Piden seis anos de cárcere para un acusado de apuñalar no peito a un home en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro mércores, día 4 de outubro, a un home acusado de apuñalar no peito a outro home na cidade olívica.

A causa procede do Xulgado de Instrución número 4 de Vigo e pola feitos Fiscalía solicita para o procesado unha pena de seis anos de cárcere, así como o pago dunha indemnización de 4.800 euros á vítima polas lesións e as secuelas, ademais de 3.450 euros ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) polos gastos de asistencia médica.

Segundo recolle o Ministerio Público no seu escrito de acusación, foi en novembro de 2021 cando a vítima e a súa parella, ao saír da casa duns amigos, pasaron pola vivenda do agora acusado, o cal comezou a insultar ao home. Nun momento dado, achegouse á parella e iniciouse unha discusión, sacando un coitelo que levaba detrás da cintura e cravándollo no peito “con ánimo de acabar coa súa vida”.

A agresión provocou lesións que puidesen producirlle a morte se non é pola rápida asistencia médica que recibiu, segundo indica Fiscalía. Por iso, solicita seis anos de cárcere e o pago de máis de 8.000 euros, así como unha orde de afastamento de polo menos 200 metros da vítima.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...