InicioSucesosBuscan a unha muller de 54 anos desaparecida en Cangas desde o...

Buscan a unha muller de 54 anos desaparecida en Cangas desde o pasado luns

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación SOS Desaparecidos emitiu este venres unha alerta para solicitar a colaboración cidadá na localización dunha muller de 54 anos, desaparecida na localidade pontevedresa de Cangas desde o pasado luns.

En concreto, trátase de María del Carmen Gómez Núñez, da que nada se sabe desde que abandonou o seu domicilio o día 25. A muller ten o pelo moreno con mechas louras, os ollos castaños e cando desapareceu vestía un vaqueiro azul e unha camiseta de cor vermella. Mide 1,63 metros e é de complexión delgada.

Os seus familiares denunciaron ante as forzas da orde a súa desaparición e a Garda Civil tamén está a facer xestións para tratar de localizala.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...