InicioCulturaA UVigo entre as 1000 mellores universidades do mundo grazas á calidade...

A UVigo entre as 1000 mellores universidades do mundo grazas á calidade da súa investigación

"Volvemos a un punto no que estabamos anos atrás e continuaremos traballando para seguir avanzando e mellorando o posicionamento institucional", destacou o reitor, Manuel Reigosa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) situouse entre as 800 e as 1000 mellores universidades do mundo, segundo a nova edición do ranking Times Higher Education, que recolle que a calidade da investigación é o indicador no que obtén unha maior puntuación.

Tamén a internacionalización e a transferencia permitiron ao centro olívico deixar atrás o rango das 1000-1200 no que estaba nos últimos anos para subir un chanzo e situarse na franxa das 801-1000 mellores universidades do mundo.

En concreto, a clasificación avalía máis de 1900 universidades de 108 países. Un ano máis, é Oxford a que lidera a lista, mentres que Barcelona é a institución española mellor situada, no posto 152.

O Times Higher Education elabórase atendendo a 18 indicadores que miden o rendemento das institucións en cinco áreas: ensino, ambiente de investigación, calidade da mesma, transferencia e perspectiva internacional.

A mellor puntuación da UVigo, con 57,8 puntos, corresponde á calidade da investigación, aspecto no que se ten en conta o impacto das citas e a fortaleza, excelencia e influencia da investigación, segundo explica o Diario da Universidade de Vigo (DUVI).

No que se refire a a transferencia, a UVigo consegue 49,5 puntos, mentres que a valoración da perspectiva internacional queda nos 47,4 puntos e atende tanto á proporción de estudantes e persoal internacional como á colaboración internacional.

A docencia consegue 25,1 puntos e o apartado de ambiente de investigación queda nos 17,9 puntos. “Volvemos a un punto no que estabamos anos atrás e continuaremos traballando para seguir avanzando e mellorando o posicionamento institucional”, destacou o reitor, Manuel Reigosa, quen valorou a puntuación respecto da investigación, sendo esta “un puntal” da institución.

Das 60 universidades españolas, tanto públicas como privadas, a Universidade de Vigo ocupa o posto 34. No caso das universidades galegas, a Universidade de Compostela situouse entre as 601-800 mellores do mundo, mentres que a da Coruña, no rango de 1001-1200.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...