InicioSociedadeProposta de Conxemar para a ampliación en 39.000 metros do Ifevi en...

Proposta de Conxemar para a ampliación en 39.000 metros do Ifevi en varias fases e presenta o plan de tráfico para a XXIV feira

Os expositores que queiran acceder a este ramal vindo pola autoestrada AP-9 desde Vigo, terán que tomar a saída 159B e acceder de novo á autoestrada pola entrada 7B, e así chegar polo carril dereito á desviación do ramal de expositores.

PUBLICADO O

Conxemar presentou este xoves o seu estudo de alternativas para unha nova ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), ás portas da celebración da súa 24ª feira, que este ano contará cun plan especial de tráfico, no que colaboraron a organización do evento, Audasa, Garda Civil, Aena, e Policía Local de Vigo e Mos, para evitar os habituais colapsos nos accesos ao recinto.

Nunha rolda de prensa celebrada en Vigo, o presidente de Conxemar, Eloy García, acompañado por arquitectos do estudo Fraga, Quijada e Portolés, presentou o estudo de posibilidades de ampliación do Ifevi, que se estrutura en sete fases, das que as tres primeiras están desenvolvidas en detalle, tanto en valoración económica como en prazos.

As fases posteriores, da 4 á 7, estimáronse de forma xeral ao situarse no longo prazo. Así, o tres primeiras fases executaríanse entre os anos 2023 e 2031, cun orzamento estimado de 38,7 millóns de euros, que suporía a ampliación en 13.000 metros cadrados de superficie feiral e gañar 1.000 prazas de aparcadoiro. Para acometer este tres fases necesitaríase expropiar aproximadamente 23.000 m2.

A longo prazo (fases 4 e 5) exponse a construción de dous novos edificios feirais que engadirían outros 13.000 m2,cun custo estimado de 25 millóns de euros. A fase 6 sería a máis complexa debido ao desnivel con respecto á cota do espazo feiral actual: exponse a urbanización de 30.000 m2, a construción dun edificio feiral de 6.500 m2 e a construción de 700 prazas de aparcadoiro. O orzamento orientativo é de 36 millóns de euros nun prazo de 3 anos.

Finalmente, unha sétima fase consistiría na construción doutro edificio feiral, anexo ao da fase 6 de 6.500 m2. Estímase o custo en 8 millóns de euros nun prazo de 2 anos. En total, Conxemar pon sobre a mesa a posibilidade de gañar 39.000 metros cadrados de espazo expositivo no período 2023-2040, cun total de 73.000 metros cadrados de expropiacións.

PLAN DE TRÁFICO

Por outra banda, os responsables de Conxemar presentaron tamén ante os medios o plan especial de tráfico deseñado para axilizar os accesos á feira a próxima semana.

Así, cortarase a entrada 157 da AP-9 desde a Avenida do Tranvía en Vigo, convertendo este tramo da rúa dun único sentido cara ao Ifevi. Ademais, para acceso exclusivo de expositores, con acreditación visible no seu vehículo, que procedan da AP-9 en sentido descendente desde Puxeiros, abrirase un ramal ata agora inhabilitado que conecta a AP-9 co aparcadoiro do recinto.

Os expositores que queiran acceder a este ramal vindo pola autoestrada AP-9 desde Vigo, terán que tomar a saída 159B e acceder de novo á autoestrada pola entrada 7B, e así chegar polo carril dereito á desviación do ramal de expositores.

Ademais, a saída 157 da AP-9 quedará pechada aos transportes que superen os 3.500 quilos e a Avenida do Tranvía quedará anulada en sentido ascendente, desde o cruzamento coa Avenida de Santa Mariña, onde se instalará unha rotonda para virar.

Con respecto ao aparcadoiro, Conxemar disporá de 1.400 prazas adicionais: mil prazas no aparcadoiro do aeroporto de Peinador e outras 400 no recinto coñecido como VigoParking, todas elas gratuítas. Os cortes de tráfico aplicarase os días 3 e 4 de outubro, desde as 8,00 ata as 13,00 horas.

MARCA “AGRIDOCE”

O presidente de Conxemar, Eloy García, trasladou a súa confianza en que estas medidas axuden a paliar os atascos e dificultades de circulación que, cada ano, repítense nas inmediacións do recinto feiral, especialmente as dúas primeiras mañás do evento.

Así mesmo, volveu a insitir na necesidade de que esta feira poida contar con máis espazo e subliñou que na edición de 2023 bateuse unha marca de expositores. Respecto diso, indicou que se trata unha marca “agridoce” porque moitas empresas e organismos “quedáronse fóra”. “Temos unha lista de espera que daría para encher outro pavillón”, constatou

Nesta edición de Conxemar, a presenza de empresas creceu nun 13 % ata alcanzar as 770, e a organización espera superar os 26.060 visitantes rexistrados na edición do ano pasado. Finalmente, Conxemar anunciou que, proximamente, presentaranse os resultados dun estudo encargado a Zona Franca e a Universidade de Vigo, sobre o impacto económico tanto da feira como do Congreso de FAO que se celebra sempre na véspera.

ÚLTIMAS

O BNG critica que o Concello “bote á rúa sen alternativa” a 10 sobreviventes do incendio de Alfonso X

O BNG de Vigo criticou este martes que o Concello "bote á rúa sen alternativa" a...

Suspenden a folga de ambulancias prevista en Vigo, Cangas e Moaña para xoves e venres

Os sindicatos CIG, CCOO, USO e FS-TES acordaron suspender a folga na empresa concesionaria...

Caballero e Puente reuníronse para abordar a chegada dos trens Avril

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, reuniuse este martes co alcalde...

O Sergas anuncia a intervención pública do servizo de ambulancias de Vigo, Moaña e Cangas

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou que se iniciaron os trámites para intervir,...