InicioEconomíaCSIF pide a Xustiza que bonifique o parking dos funcionarios do novo...

CSIF pide a Xustiza que bonifique o parking dos funcionarios do novo Rexistro Civil

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSFI) reclamou á Dirección Xeral de Xustiza que realice as xestións necesarias co parking da Praza do Rei de Vigo para que os funcionarios do novo Rexistro Civil poidan estacionar os seus coches de forma gratuíta ou, polo menos, con algún tipo de bonificación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) reclamou á Dirección Xeral de Xustiza que realice as xestións necesarias co parking da Praza do Rei de Vigo para que os funcionarios do novo Rexistro Civil poidan estacionar os seus coches de forma gratuíta ou, polo menos, con algún tipo de bonificación.

Nun comunicado, o sindicato indicou que xa formulou esta petición por escrito ante a Consellería, sen que ata o momento houbese unha resposta nin se coñeza ningunha negociación neste sentido, “a pesar de estar próximo o traslado da sede do rexistro”, situada no Casco Vello.

CSIF lembrou que estas novas instalacións atópanse nunha zona onde non se pode estacionar nin se permite a circulación de vehículos, sendo o lugar máis próximo o parking de Praza do Rei. “O persoal deste organismo debe ter as mesmas facilidades que o resto dos funcionarios de xustiza, recentemente trasladados á Cidade da Xustiza, onde si poden acceder gratuitamente ao parking correspondente“, reivindicou.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...