InicioVigo e contornaVigoComeza a construción da nova sede de Down Vigo cun investimento de...

Comeza a construción da nova sede de Down Vigo cun investimento de 1,4 millóns

As instalacións incluirán oficinas, aulas, unha cafetaría de formación, unha biblioteca e un auditorio con capacidade para unhas 60 persoas. A adxudicataria da execución da obra é Civis Global.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Asociación Down Vigo colocaron este mércores a primeira pedra da futura sede da organización social no Casco Vello, que suporá un investimento de 1,4 millóns de euros.

Segundo anunciou Zona Franca, será este mes cando se inicien os traballos, que terán un prazo de 18 meses para a construción do edificio, á altura do número 27 da rúa Real.

Con 1.100 metros cadrados repartidos nun baixo e tres plantas, as instalacións incluirán oficinas, aulas, unha cafetaría de formación, unha biblioteca e un auditorio con capacidade para unhas 60 persoas. A adxudicataria da execución da obra é Civis Global.

Ao acto de colocación da primeira pedra asistiron, entre outros, o presidente do Consorcio e alcalde de Vigo, Abel Caballero; o presidente de Down Vigo, José Manuel García, ou o xerente da entidade asistencial, Roberto Campo.

“A instalación, que contará cun patio interior e que conservará elementos xenuínos como as fachadas e os balcóns, confire unha especial importancia ás medidas de accesibilidade. Do mesmo xeito, cabe resaltar que a obra no seu conxunto conta coa máxima cualificación de eficiencia enerxética“, destacou Zona Franca nun comunicado.

Con este acto materialízase o protocolo de actuación que Zona Franca e Down Vigo subscribiron en 2019 para definir a colaboración en relación coa parcela da rúa Real, propiedade entón do Consorcio e sobre a cal a asociación ostentaba un dereito real de superficie.

Naquel momento, Down Vigo renunciou a ese dereito coa finalidade de que Zona Franca acabase sendo propietaria do inmoble para construír un edificio para que fose a nova sede da asociación.

ÚLTIMAS

Un exempregado dunha oficina de Abanca en Vigo acepta 2 anos de cárcere por apropiarse de 139.000 euros dunha clienta

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a penas...

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...