InicioVigo e contornaVigoCaballero reclama ao presidente da Deputación que garanta o investimento en Balaídos:...

Caballero reclama ao presidente da Deputación que garanta o investimento en Balaídos: “Temos présa”

Abel Caballero asegurou que o Concello xa dispón do proxecto construtivo básico para a bancada de Gol, que é "simétrico" ao da bancada oposta, de Marcador, e está en disposición de remitilo á Deputación e ao Celta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este luns que sexa o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, como “autoridade máxima” da institución provincial, o que garanta o cofinanciamento da reforma da bancada de Gol no estadio de Balaídos, e urxiulle unha resposta, xa que o goberno local ten “moita présa” por encargar o proxecto definitivo e licitar as obras.

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico explicou que está “a preparar” outra carta para o presidente da Deputación para que sexa el quen “garanta a vocación da Deputación” de participar no financiamento da obra. Todo iso, despois de que a vicepresidenta da institución, Marta Fernández-Tapias, comparecese ante os medios para garantir o apoio provincial á obra e para pedir un acordo “claro e transparente”, no que tamén se escoite ao Celta, e concretando investimentos, prazos e outros detalles.

Abel Caballero asegurou que o Concello xa dispón do proxecto construtivo básico para a bancada de Gol, que é “simétrico” ao da bancada oposta, de Marcador, e está en disposición de remitilo á Deputación e ao Celta. A partir de aí, asegurou, o proxecto definitivo “será inmediato” e, a continuación, a contratación e a obra.

“Temos moita présa en construír a bancada de Gol. É importante tela acabada canto antes”, proclamou, antes de denunciar que a reforma se está atopando cunha nova dilación “outra vez pola Xunta”.

Así, explicou que o goberno local atópase á espera, desde hai máis de 4 meses, da resposta de Augas de Galicia á documentación remitida en maio polo Concello (que, á súa vez, respondía a uns requirimentos feitos polo organismo, dependente da administración autonómica).

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...