InicioEconomíaA UVigo inicia o curso co 100 % de prazas de grao...

A UVigo inicia o curso co 100 % de prazas de grao de novo ingreso ocupadas

O curso vén marcado pola posta en marcha, no campus de Pontevedra, do grao de Deseño, unha titulación que "espertou moito interese", xa que na preinscrición había 61 solicitudes de primeira opción para 45 prazas. Finalmente foron seleccionados 52 alumnos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) iniciou este novo curso 2023/2024 cun 100,21 % de prazas de grao de novo ingreso ocupadas, segundo informou o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, Alfonso Lago.

Tal como indicou, isto é posible xa que, a falta dos últimos chamamentos a matrícula, hai titulacións con algúns matriculados máis do número total inicialmente ofertado, aínda que aínda quedan prazas noutras carreiras. En conxunto, a UVigo ofertaba para este curso un total de 3.839 prazas de grao de novo ingreso, ás que se suman outras 1.704 de máster e 535 de doctoramiento.

Foi o pasado venres cando o campus vigués acolleu o acto inaugural do curso, mentres que este luns as diferentes aulas volveron encherse de alumnos tanto na cidade olívica como en Ourense e Pontevedra.

Segundo recolle o Diario da UVigo (Duvi), o curso vén marcado pola posta en marcha, no campus de Pontevedra, do grao de Deseño, unha titulación que “espertou moito interese”, segundo explica Lago, xa que na preinscrición había 61 solicitudes de primeira opción para 45 prazas. Finalmente foron seleccionados 52 alumnos.

Ademais, tamén se impartirán catro novos máster: o de Aeronáutica, en Ourense; os dous interuniversitarios de Xestión Sustentable da auga e Fabricación Aditiva, e o compartido polas tres universidades galegas en Ciencia e Tecnoloxía de Información Cuántica.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...