InicioSucesosPetición de catro anos de cárcere para un secretario xudicial por apropiarse...

Petición de catro anos de cárcere para un secretario xudicial por apropiarse de 241.000 euros dun xulgado de Vigo

Segundo o escrito do ministerio público, os feitos ocorreron entre 2019 e 2021, cando este funcionario (antes denominados secretarios xudiciais) desempeñaba o seu labor nun xulgado de primeira instancia da cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 4 anos de cárcere para un letrado da administración de xustiza (LAJ) acusado de apropiarse supostamente de diñeiro da conta do xulgado de Vigo no que traballaba, e que será xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Segundo o escrito do ministerio público, os feitos ocorreron entre 2019 e 2021, cando este funcionario (antes denominados secretarios xudiciais) desempeñaba o seu labor nun xulgado de primeira instancia da cidade olívica.

Así, “abusando do seu cargo e das súas funcións”, e posto de acordo con outro tres persoas nun “plan preconcibido”, expediu de forma irregular “e sen amparo nin causa legal nin xustificación algúns” diferentes mandamentos de devolución desde a conta bancaria do xulgado, en favor dese tres persoas, tamén acusadas e consideradas pola Fiscalía cooperadoras necesarias do delito.

No escrito de acusación recóllese que este secretario xudicial expediu mandamentos de pago a un dos acusados que sumaron uns 33.240 euros; en favor doutro, os pagos sumaron case 135.000 euros; en favor doutro acusado, expediu mandamentos de pago que sumaron 30.061 euros; outros case 32.000 euros en favor da irmá dun dos acusados; e outros mandamentos de pago en favor de persoas da contorna dos procesados por máis de 10.700 euros.

En total, a Fiscalía estima que este LAJ apropiouse de case 241.000 euros, e considérao autor dun delito continuado de apropiación indebida na súa modalidade agravada, nas súas modalidades de administración desleal e apropiación dos artigos 253.1 e 252.1 2 do Código Penal; mentres, os outros tres acusados sería autores, en concepto de cooperadores necesarios, dun delito continuado básico de apropiación indebida.

Para o LAJ, o ministerio público pide 4 anos de cárcere, multa de 6.000 euros e 4 anos de inhabilitación; mentres que para cada un dos outros tres acusados reclama a pena de 2 anos e 9 meses de prisión.

A Fiscalía estima que, para o secretario xudicial, debe aplicarse a circunstancia agravante de abuso de funcións públicas, e tamén varias circunstancias atenuantes: a de drogadicción (no momento dos feitos padecía un trastorno por adicción que afectaba levemente ás súas capacidades), confesión (recoñeceu os feitos) e reparación do dano (devolveu xa 170.000 euros).

ÚLTIMAS

Zona Franca e o CTAG alíanse para crear en Vigo un polo tecnolóxico de robots humanoides

O Consorcio Zona Franca de Vigo e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia...

Falece un mariñeiro e outro resulta ferido grave nun accidente no pesqueiro vigués ‘Novo Alborada’ en Irlanda

Un mariñeiro de nacionalidade marroquí faleceu e outro indonesio resultou ferido grave nun accidente...

O PP de Vigo tacha de “tomadura de pelo” os alugueiros de Casa47 pola falta de equipamento básico

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, tachou de "tomadura de pelo" o...

Fillas de Cassandra lanzará na primavera ‘Tertúlia’, o seu segundo disco

O dúo vigués Fillas de Cassandra anunciou que neste 2026 o grupo lanzará o...