InicioUn incendio en dúas vivendas contiguas en Soutomaior deixa unha persoa ferida

Un incendio en dúas vivendas contiguas en Soutomaior deixa unha persoa ferida

O suceso, segundo informou o CIAE 112 Galicia, produciuse ao redor das 03,00 horas da madrugada do sabádo no lugar de Lourido, que pertence á parroquia de Soutomaior.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio queimou durante a madrugada do sábado dúas casas de madeira contiguas situadas no concello pontevedrés de Soutomaior, onde un dos ocupantes das vivendas resultou ferido ao sufrir queimaduras nos pés e mans.

O suceso, segundo informou o CIAE 112 Galicia, produciuse ao redor das 03,00 horas da madrugada do sabádo no lugar de Lourido, que pertence á parroquia de Soutomaior.

Tras recibir a voz de alarma, os bombeiros mobilizáronse ao lugar para tratar de sufocar as chamas, que afectaban a dúas casas que compartían cuberta e polas que o lume se estendeu polos seus dous pisos.

A pesar dos esforzos dos profesionais de emerxencias, o lume calcinou case por completo os dous inmobles, dos que unicamente se salvou a cociña dunha das vivendas.

Ademais, os efectivos de Urxencias Sanitarias 061 atenderon a un dos ocupantes das vivendas, que sufriu queimaduras nos pés e nas mans.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...