InicioVigo e contornaVigoReunión da xunta directiva do PP Vigués para 'quentar motores' coa vista...

Reunión da xunta directiva do PP Vigués para ‘quentar motores’ coa vista posta nas eleccións autonómicas

A presidenta local do partido, Marta Fernández-Tapias, fixo balance dos meses de actividade do grupo que , segundo di, mantivo "un bo ritmo de traballo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta Directiva Local do PP de Vigo reuniuse este martes no Hotel Cidade de Vigo para facer balance dos últimos meses e iniciar o traballo de face ás eleccións autonómicas de 2024.

Na reunión, a presidenta local do partido, Marta Fernández-Tapias instou aos seus a “seguir traballando” para levar ao presidente Alfonso Rueda á quinta maioría absoluta e para consolidar ao PPdeG como “único partido capaz de ofrecer estabilidade política e económica” a Galicia.

Fernández-Tapias tamén se referiu, do mesmo xeito que a concelleira e deputada no Congreso, Irene Garrido, á “preocupante” situación nacional e a un PSOE “que é capaz de vender a súa alma ao demo con tal de poder gobernar”.

Respecto diso, reivindicou a “lexitimidade” de Alberto Núñez Feijóo para formar goberno, mentres o resto de formacións políticas “están cada unha ao seu e todas ao mesmo: evitar que o goberne o PP”.

No ámbito local, marcouse como obxectivo “afianzar a tendencia alza” iniciada nas eleccións municipais, “apontoada con case 17.000 votos máis nas xerais do pasado xullo”. Fernández-Tapias expresou o seu desexo de que Vigo, do mesmo xeito que foi “determinante” para recuperar a Deputación de Pontevedra, volva selo para “revalidar a Xunta”.

A presidenta do PP vigués e portavoz municipal no Concello tamén fixo balance dos meses de actividade do grupo, que a pesar das xerais e das vacacións de verán, mantivo “un bo ritmo de traballo”, e iso a pesar das dificultades que pon o goberno de Abel Caballero.

Así, referiuse a cuestións como o conflito na concesionaria do bus urbano, a “sospeitosa” xestión do patrocinio do concerto de Guns’n’Roses, a tramitación do Plan Xeral, o anuncio da subida do 4 % dos impostos locais, os problemas no servizo de bombeiros ou o recurso ao que se adheriu a Fiscalía sobre os ruídos xerados polas actividades do Nadal.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...