InicioEconomíaA planta de Stellantis volverá parar este fin de semana por falta...

A planta de Stellantis volverá parar este fin de semana por falta de subministracións

PUBLICADO O

A dirección da planta do grupo Stellantis en Vigo comunicou ao persoal novas alteracións na actividade, con novas paradas que afectarán aos dous sistemas de produción, debido aos problemas de subministracións.

Así, esa falta de aprovisionamentos obriga a suspender a actividade na quenda de noite deste venres e do domingo no sistema M1, que monta os modelos Peugeot 2008, C-Elysée e Peugeot 301.

Mentres, o sistema M2, que monta as furgonetas nas súas diferentes versións, parará na xornada do sábado e na quenda de noite do domingo. A produción na factoría viguesa xa estivo parada en varias quendas antes esta semana, e tamén houbo alteracións xusto despois do regreso do persoal do período vacacional.

ÚLTIMAS

O BNG critica que o Concello “bote á rúa sen alternativa” a 10 sobreviventes do incendio de Alfonso X

O BNG de Vigo criticou este martes que o Concello "bote á rúa sen alternativa" a...

Suspenden a folga de ambulancias prevista en Vigo, Cangas e Moaña para xoves e venres

Os sindicatos CIG, CCOO, USO e FS-TES acordaron suspender a folga na empresa concesionaria...

Caballero e Puente reuníronse para abordar a chegada dos trens Avril

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, reuniuse este martes co alcalde...

O Sergas anuncia a intervención pública do servizo de ambulancias de Vigo, Moaña e Cangas

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou que se iniciaron os trámites para intervir,...