InicioVigo e contornaVigoO PP pide ao goberno de Vigo que acelere a tramitación do...

O PP pide ao goberno de Vigo que acelere a tramitación do PXOM tras a luz verde á avaliación ambiental: “Xa non hai escusas”

A portavoz do PP vigués, Marta Fernández-Tapias, sinalou que "os socialistas se quedaron sen culpables aos que botar a culpa da súa propia incompetencia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP pediu este xoves ao goberno municipal de Vigo a “máxima axilidade” na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), tendo en conta que, tal e como anunciou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras a reunión do Consello, o documento xa conta co visto e prace ambiental da administración autonómica.

Así o trasladou a presidenta local do partido e portavoz municipal, Marta Fernández-Tapias, quen advertiu de que “xa non hai escusas, nin para suspender nin para dilatar máis os prazos”.

Fernández-Tapias sinalou que “os socialistas se quedaron sen culpables aos que botar a culpa da súa propia incompetencia”, e reclamou ao goberno municipal de Abel Caballero que “por unha vez cumpra os prazos” e teña todo lista antes do 22 de setembro, data na que finaliza o prazo para a aprobación provisional da PXOM.

Pola súa banda, o BNG constatou que o PP se converteu agora “no maior facilitador e colaborador” do novo Plan de Vigo, “elaborado sen participación nin transparencia”.

O novo plan, apuntou o portavoz municipal nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, “insiste nun modelo fracasado e insustentable”, que “non resolve o problema de acceso social á vivenda”, e que persiste nunha mobilidade “baseada no coche”, que “tronza as parroquias con viarias innecesarios”.

ÚLTIMAS

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...