InicioSociedadeTraballadores de Metalships maniféstanse pola readmisión dos despedidos e expoñen "mobilizar a...

Traballadores de Metalships maniféstanse pola readmisión dos despedidos e expoñen “mobilizar a todo o sector”

Advirten de que a actuación empresarial "non vai quedar impune".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballadores do estaleiro vigués Metalships&Docks saíron á rúa este xoves, na cuarta xornada de folga indefinida, para denunciar a “represión sindical” e o “desmantelamento” da empresa, e volveron a esixir a readmisión dos traballadores despedidos (entre eles dous membros do comité de persoal), á vez que advertiron de que a actuación da parte patronal neste conflito “non vai quedar impune”.

Coincidindo coa primeira reunión de mediación do AGA, que se celebra en Santiago, decenas de traballadores e delegados de CC.OO., CIG UXT do sector naval saíron en manifestación desde as instalacións de Metalships e finalizaron a marcha fronte á sede do Círculo de Empresarios de Galicia, cuxo presidente, Manuel Rodríguez, é tamén o propietario do grupo Rodman, ao que pertence o estaleiro de Teis.

José Antonio Fernández Vila, quen foi presidente do comité ata o seu despedimento hai un ano e medio (e que se atopa á espera de resposta ao seu recurso), incidiu en que “dende o minuto un” o comité quixo deixar claro que, para “falar de calquera cousa” coa empresa, a condición é a readmisión dos despedidos.

O portavoz do persoal advertiu de que a actuación da propiedade do estaleiro, á que acusa de levar anos sen investir, de “cargarse a un comité” e de “especular” cunhas instalacións asentadas en parte en terreo público, “non vai quedar impune”. Para Fernández Vila, o dono de Metalships “cruzou unha liña” ao atacar directamente ao órgano de representación dos traballadores, e lanzou un aviso ao resto de empresarios desta industria: “chegaremos ata o final e mobilizaremos a todo o sector naval”.

Segundo lembrou, Metalships chegou a “dar para comer a 700 familias” e, a día de hoxe, sen novos contratos, arrastrando débedas e sobrevivindo coa reparación, apenas quedan 40 operarios.

“NON DEIXAR MORRER MÁIS ESTALEIROS”

Pola súa banda, Pedro Comesaña, responsable de política industrial da federación de Industria de CC.OO. en Galicia, remarcou que é un erro crer que este conflito afecta só a Metalships, senón que se trata dunha situación que planea sobre todo o sector: “primeiro foi Vulcano, logo Barreiras, co mesmo modelo, despedindo a xente do comité, para terminar coa capacidade de mobilización”.

Respecto diso, pediu dar unha “resposta contundente” para “non deixar morrer máis estaleiros na ría de Vigo”, e subliñou que as administracións “deben implicarse” porque “o plan de Metalships é o de todos os empresarios do sector”. Finalmente, chamou á unidade dos traballadores e manter a presión.

ÚLTIMAS

A Xunta di que o contrato con Povisa está pendente “dos últimos matices” para que a empresa se presente

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou este xoves que o contrato de...

Stellantis Vigo é competitiva, segundo o número dous do grupo industrial

Os sindicatos do comité de empresa da factoría de Stellantis en Vigo trasladaron este...

O Concello de Vigo asume os custos pola perda de axudas ao bus urbano

O Concello de Vigo asumirá os custos da perda de axudas ao transporte urbano...

As obras do hospital de día do Chuvi finalizarán antes do verán

As obras de ampliación do hospital de día do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo...