InicioVigo e contornaMosAprobada provisionalmente o proxecto de remodelación da N-550 ao seu paso por...

Aprobada provisionalmente o proxecto de remodelación da N-550 ao seu paso por Louredo, en Mos

O departamento informa de que "proximamente" se someterá ao trámite de información pública, o que implica a publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana aproba de forma provisional o proxecto de trazado da remodelación da intersección da estrada N-550, ao seu paso por Louredo, no municipio de Mos.

O departamento informa de que “proximamente” se someterá ao trámite de información pública, o que implica a publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE).

O orzamento base de licitación das obras estímao en unosn 580.000 euros. O obxecto do proxecto é a mellora da seguridade viaria da intersección non canalizada existente no punto quilométrico 148+650 da N-550, ao seu paso por Louredo, que conecta con núcleos existentes na marxe esquerda a través dun viario municipal.

A actuación proxectada traslada a intersección actual uns 270 metros cara ao sur, para mellorar as condicións de visibilidade e seguridade viaria, executando unha variante do viario secundario e dispondo unha nova intersección con cuñas de incorporación e saída, carrís centrais de almacenamento e espera e posibilidade de cambio de sentido.

ÚLTIMAS

Vigo activa as súas catro zonas de baixas emisións: os coches sen distintivo ambiental xa non poden circular por elas

O Concello de Vigo puxo en marcha este xoves as catro zonas de baixas...

Prisión para dous dos cinco detidos tras desmantelar tres “narcopisos” en Vigo

O maxistrado da praza 4 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de...

Dous anos e tres meses de prisión para o home que atracou e feriu a unha taxista en Vigo

O home que asaltou e feriu unha taxista en Vigo aceptou dous anos e...

Cinco detidos e rexistros en tres ‘narcopisos’ nunha operación contra o tráfico de drogas en Vigo

A Policía Nacional informou de que axentes pertencentes á Udyco da Comisaría de Vigo-Redondela...