InicioSociedadeA Nave Vitoria poderá visitarse en Vigo durante o 9 e o...

A Nave Vitoria poderá visitarse en Vigo durante o 9 e o 10 de setembro

Será en horario de 10,00 a 20,30 horas, de maneira ininterrompida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Nave Vitoria, réplica do navío que deu a primeira volta ao mundo, visitará o porto de Vigo en setembro. Esta embarcación poderá ser visitada durante os días 9 e 10, en horario de 10,00 a 20,30 horas, de maneira ininterrompida.

Durante a súa estancia na cidade, o público poderá subir a bordo deste museo flotante, cunha exposición na que se poden visitar as súas cubertas para descubrir a historia marítima “dunha forma única”, segundo indica a Fundación Nave Vitoria. Ademais, engade, algúns poderán navegar a bordo deste barco de época a través de www.tallshipexperience.com

A Nave Vitoria é a réplica do barco que, capitaneado por Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcanom protagonizou a primeira volta ao mundo, que comezou e terminou fai cinco séculos no porto de Sevilla (1519-1522).

Durante os anos 2004-2006, esta réplica completou a súa propia volta ao mundo, asucando máis de 26.000 millas náuticas, facendo escala en 17 países. Desde entón está realizando xiras culturais por centos de portos de Estados Unidos e Europa.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...