InicioSociedadeBNG critica o "cinismo" do goberno de Vigo coa memoria histórica e...

BNG critica o “cinismo” do goberno de Vigo coa memoria histórica e esixe a retirada de toda simboloxía fascista

Propuxo a creación dunha comisión municipal para avanzar na retirada de todos os símbolos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG esixiu este luns a retirada de “toda a simboloxía fascista” das rúas de Vigo e criticou “a impostura e o cinismo” do goberno local de Abel Caballero con respecto á memoria histórica.

Así o trasladou nun comunicado o portavoz municipal do grupo nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, horas despois de participar no acto institucional de homenaxe que o Concello fixo no cemiterio de Pereiró, en recordo dos alcaldes de Vigo e Lavadores asasinados, xunto a deputados e sindicalistas, nos muros do camposanto en 1936.

Para o edil do BNG este recoñecemento é “necesario pero insuficiente”, tendo en conta que “87 anos despois permanecen na cidade monumentos e símbolos erixidos polos responsables dos fusilamentos de Emilio Martínez Garrido, José Antela Conde e tantos e tantas demócratas de Vigo que defenderon mesmo coa súa vida a lexitimidade democrática, fronte ao horror do nacionalcatolicismo”.

Xabier Pérez Igrexas sinalou que o BNG non quere que permaneza “o máis mínimo rastro desa etapa de terror, sangue e represión” e proclamou que “é o momento de que o Concello de Vigo retome un compromiso real para a recuperación efectiva da memoria histórica e democrática”.

Nese sentido, propuxo a creación dunha comisión municipal para avanzar na retirada de todos os símbolos e vestixios da ditadura franquista, especialmente da cruz “fascista” de O Castro, “que ofenden a todos e todas as demócratas da cidade”.

Ademais, sinalou que é necesario “pór en valor e dignificar” os lugares da memoria da cidade, porque “hai que lembrar a quen matou o fascismo, por que mataron e que entregaron a súa vida os moitos heroes e heroínas que defenderon as liberdades democráticas que hoxe seguimos reivindicando plenamente”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...