InicioEconomíaConclúen no estaleiro San Enrique de Vigo os labores de posta a...

Conclúen no estaleiro San Enrique de Vigo os labores de posta a punto do buque de carga ‘Smaland’

As obras de mantemento deste buque súmanse ás realizadas no arrastreiro conxelador 'Igueldo', coas que Estaleiro San Enrique retomou os labores de reparación naval.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Estaleiro San Enrique, do grupo Marina Meridional, informou este venres de que acaba de concluír os labores de reparación e posta a punto do buque de carga ‘Smaland’, con bandeira portuguesa e operado por Navalis.

O barco chegou á bancada do estaleiro vigués na última quincena de xullo para acometer a renovación dunha parte da súa acomodación, ademais de realizar traballos adicionais de mecánica, hidráulica, tubaxe e calderería, de maneira que poida actualizar certificados (o principal deles, a revisión do guindastre para o bote de caída libre).

Para levar a cabo estes labores, Estaleiro San Enrique reforzou o seu persoal coa subcontratación de servizos a Regenesa, Temarsa, Frimarte, Weld & Pipe, Mecoxi e Leibar. “Vigo, como porto estratéxico da construción naval, dispón dunha contorna profesional excepcional e con grandes profesionais e unha industria auxiliar de referencia. Desde Estaleiro San Enrique queremosponer en valor o seu traballo e agradecer todo o apoio e esforzo destes colaboradores”, sinalaron fontes da empresa.

As obras de mantemento deste buque súmanse ás realizadas no arrastreiro conxelador ‘Igueldo’, coas que Estaleiro San Enrique retomou os labores de reparación naval.

ÚLTIMAS

Xunta acusa o Goberno de bloquear a biblioteca estatal de Vigo e ve “difícil” que licite o proxecto en 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acusou o Goberno central...

Feijóo desembarca o sábado en Vigo para arroupar os candidatos do PPdeG ao Congreso: “É unha declaración de intencións”

O proceso que desembocará na cita coas urnas do próximo 29 de novembro avanza...

Investigan un roubo na vivenda do futbolista Ilaix Moriba en Nigrán

A Garda Civil investiga varios roubos cometidos na zona de Nigrán, entre eles un...

Vigo paraliza o concurso da escultura de Iago Aspas tras o recurso dun participante excluído

O Concello de Vigo suspendeu o procedemento do concurso de proxectos para o deseño...