InicioSociedadeSanidade pide "tranquilidade" pola presenza do mosquito tigre no Morrazo e di...

Sanidade pide “tranquilidade” pola presenza do mosquito tigre no Morrazo e di que “non transmite enfermidades”

Di que se atraparon un "número razoable" de exemplares.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A consellería de Sanidade confirmou a presenza de mosquito tigre no municipio de Cangas, tras a detección de polo menos un exemplar, aínda que insistiu en que, de momento, non supón un problema de saúde pública e seguirá facendo seguimento.

Así o trasladou, en declaracións aos medios, o conselleiro Xullo García Comesaña, durante unha visita ao centro de saúde de Navia, en Vigo. Segundo sinalou, os responsables sanitarios xa comunicaron a detección ao goberno local de Cangas, aínda que lembrou que, tanto Cangas como Moaña, Vigo, Bueu ou Vilaboa xa foran notificados de que se intensificaría a vixilancia ao ter constancia da presenza do insecto.

O titular de Sanidade explicou que a administración seguirá traballando no traslado de información, tanto ás entidades locais como aos propios cidadáns, insistindo en pedir “tranquilidade”, posto que os exemplares detectados ata agora non son portadores de ningunha enfermidade e o mosquito tigre “é un vector de transmisión, pero en si mesmo non xera enfermidade”.

Respecto diso avogou por “estar pendentes de novas deteccións” e “traballar” nas medidas xa recomendadas “para que non sexa un problema de saúde, como de momento non o está sendo”.

Con respecto ás ‘trampas’ instaladas, García Comesaña apuntou que parecen efectivas, e atraparon un “número razoable” de exemplares, pero pediu “ser prudentes” e esperar á evolución da situación, coa axuda dos técnicos e da propia poboación (que ten á súa disposición unha aplicación para notificar posibles casos), para que “isto quede nunha anécdota de verán”.

COMITÉ TÉCNICO

Agora, o concello de Cangas súmase aos de Moaña e Vigo como integrante do comité técnico do mosquito tigre, segundo confirmou a Xunta, que lembrou que a Escola Galega de Saúde Pública organizará o 31 de agosto unha formación específica na xefatura territorial de Sanidade en Pontevedra, dirixida a técnicos dos municipios afectados.

Sanidade reiterou as súas recomendacións de actuación fronte a este insecto (vector de enfermidades como os virus do dengue, chikungunya ou Zika) para evitar a súa proliferación: eliminar puntos de auga estancada, baleirar ou renovar cada poucos días a auga dos pratos de macetas, cubos á intemperie ou embarcacións, bebedoiros, etc.

ÚLTIMAS

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...