InicioVigo e contornaVigoVigo reforzará as medidas de seguridade con motivo do concerto de David...

Vigo reforzará as medidas de seguridade con motivo do concerto de David Guetta

O show, que foi contratado pola administración local por algo máis de 930.00 euros, comezará ás 20,30 horas, e contará coa presenza de artistas invitados, como o chileno Francisco Allendes ou o británico Nic Fanciulli.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo confirmou a adopción de medidas adicionais de seguridade, ademais do plan de autoprotección correspondente, con motivo da celebración do evento Dreambeach, no auditorio de Castrelos este domingo, e cuxo artista principal é David Guetta.

Así, o goberno local confirmou, a través dun comunicado, que se incorporarán reforzos da Policía Nacional, ademais do dispositivo xa previsto de Policía Local e bombeiros, ao que se sumará a seguridade privada dentro do recinto.

Tamén se instalará un hospital de campaña e haberá tres ambulancias dispoñibles (dúas delas medicalizadas) en todo momento no parque de Castrelos.

Por outra banda, aumentarase o número de aseos e haberá un axente de Policía Local e outro de Policía Nacional no Posto de Mando Avanzado coordinando todo o evento. A iso engadirase a vixilancia do recinto por medio de drones.

O show, que foi contratado pola administración local por algo máis de 930.00 euros, comezará ás 20,30 horas, e contará coa presenza de artistas invitados, como o chileno Francisco Allendes ou o británico Nic Fanciulli.

As 5.000 entradas de platea (na bancada exterior o acceso é gratuíto) postas á venda polo Concello, ao prezo de 15 euros, esgotáronse en tempo record na plataforma dixital, e os despachos de billetes do auditorio tamén rexistraron unha afluencia masiva desde horas antes da apertura.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...