InicioSucesosInterceptado un home por circular en patinete eléctrico por unha vía interurbana...

Interceptado un home por circular en patinete eléctrico por unha vía interurbana en Mos e dar positivo en drogas

Presentaba "síntomas evidentes" de estar baixo a influencia de sustancias estupefacientes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil do Porriño interceptou a un individuo que circulaba en patinete eléctrico por unha vía interurbana en Mos e que arroxou un positivo indiciario en drogas. Segundo informou o corpo, os feitos sucederon o pasado venres cando o veciño da localidade pontevedresa circulaba polo quilómetro 4,400 da estrada EP-2601, vía interurbana en Mos.

Así, o home, de 46 anos, mostraba “síntomas evidentes” de estar baixo a influencia de sustancias estupefacientes. Ante isto, realizáronlle a proba de drogas na que arroxou un positivo indiciario, pendente de confirmación polo laboratorio. Por iso, procederon a formular dúas denuncias administrativas. A primeira por circular pos unha vía prohibida para este tipo de vehículos de mobilidade persoal, o que supón unha sanción de 200 euros e outra polo positivo en drogas durante a condución que carrexa unha sanción de 1.000 euros.

O Subsector de Tráfico de Pontevedra lembra que este tipo de vehículos, considerados de mobilidade persoal, non poden circularpor vías interurbanas, travesías, autoestradas e autovías, así comotampoco por túneles urbanos, beirarrúas e zonas peonís (salvo se está regulado polos Concellos e sempre a paso de persoa). Os condutores terán que cumprir as normas de circulación como o resto de vehículos, polo que poderán ser requiridos para realizar tanto a proba de alcol como a de drogas e tampouco poderán facer uso de auriculares nin teléfono móbil.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...

Grandes colas na entrada e saída de Vigo tras varios accidentes

Varios accidentes de tráfico á primeira hora da mañá na AP-9V en sentido saída...