InicioSociedadeIdentificados dous exemplares de mosquito tigre en Vigo

Identificados dous exemplares de mosquito tigre en Vigo

A Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por Vectores (ReGaViVec) confirmou este venres a detección de dous exemplares de mosquito tigre no Concello de Vigo, concretamente na parroquia de Lavadores, despois de que esta especie fose detectada por primeira vez en Galicia en Moaña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por Vectores (ReGaViVec) confirmou este venres a detección de dous exemplares de mosquito tigre no Concello de Vigo, concretamente na parroquia de Lavadores. Un aviso cidadán a través da aplicación móbil ‘Mosquito Alert‘ permitiu a súa identificación por parte de especialistas en entomoloxía, polo que o comité técnico do mosquito tigre agradeceu a colaboración da cidadanía.

A rede, formada polas Consellerías de Sanidade e Medio Rural e as Universidades de Santiago de Compostela e Vigo, aumentou a vixilancia sobre o insecto instalando novas trampas, que se sumarán ás que ReGaViVec xa mantiña en puntos estratéxicos da cidade olívica antes da detección por primeira vez do mosquito tigre en Galicia, concretamente en Moaña. De feito, a Dirección Xeral de Saúde Pública xa adquiriu novas trampas para poder ser distribuídas e localizar larvas, coa finalidade de evitar a diseminación do mosquito ‘Aedes albopictus‘ na comunidade.

Sanidade confirmou, non entanto, que ningún dos exemplares identificados en Moaña ou Vigo teñen vinculación con enfermidades transmisibles ás persoas. Así mesmo, na última reunión do comité técnico do mosquito tigre, a área sanitaria de Vigo confirmou que non detectara un incremento significativo no número de picaduras de insecto tratadas nos centros de saúde da comarca do Morrazo.

CONSELLOS PARA A CIDADANÍA

Para continuar coa colaboración científica e que sexan especialistas en entomoloxía quenes confirmen a presenza ou non de máis exemplares de mosquito tigre, Xunta recomendou a descarga da aplicación móbil ‘Mosquito Alert’, coa que facer chegar fotografías para o seu estudo por parte dos investigadores.

En canto á picadura, para evitala aconséllase o uso de repelentes específicos que se poden atopar nas listaxes de produtos autorizados polo Ministerio de Sanidade e pola Axencia Española do Medicamento, ademais de vestir con manga e pantalóns longos, calzado pechado ou colocar mosquiteras en portas e xanelas.

Para evitar a proliferación do mosquito ‘Aedes albopictus‘, a forma máis efectiva é evitar a posta de ovos e o crecemento das larvas. Por iso, débense eliminar puntos de auga estancada como bebedeiros, pratos baixo macetas, caldeiros á intemperie ou embarcacións. Debe procederse simplemente ao seu baleirado ou renovación da auga cada 4-5 días.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...