InicioEconomíaO Instituto de Investigacións Mariñas expón os 38 proxectos presentados para a...

O Instituto de Investigacións Mariñas expón os 38 proxectos presentados para a construción da súa nova sede en Vigo

A súa nova sede no barrio vigués de Teis, en concreto nas instalacións da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA), comezará a construírse este mesmo ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) inaugurou este xoves a exposición dos 38 proxectos arquitectónicos que se presentaron ao concurso público para construír a súa nova sede no barrio vigués de Teis, en concreto nas instalacións da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA).

Situada na praza de Armas da ETEA, a mostra foi presentada nun acto ao que asistiron, entre outros, o director do IIM-CSIC, Fran Saborido Rey; o presidente-fundador da Fundación RIA, David Chipperfield, ou o vicepresidente de Organización e Relacións Institucionais do Consello Superior de Investigacións Científicas, Carlos Juan Closa Montero, entre moitos outros.

“Damos un paso máis nunha traxectoria longa e complexa que nos debe levar ao noso traslado a Teis. Para chegar a este concurso de ideas realizamos un estudo moi detallado das necesidades que temos en Vigo e deseñamos de forma moi coidadosa a estratexia a levar para cada un dos pasos que nos demandaban as Administracións. Tivemos a sorte de contar coa colaboración, axuda e asesoramento da Fundación Ría”, destacou Fran Saborido Rei.

Precisamente o gañador do concurso foi o proxecto ‘De Terra e de Mar’, presentado pola UTE conformada polos estudos navarros Pereda Pérez arquitectos e MRM Arquitectos. A construción comezará este mesmo ano.

“O proxecto da ETEA é de sustentabilidade en tres dimensións: instalacións para desenvolver investigación de vangarda, adecuadas aos requisitos do século XXI, e recupera un patrimonio de enorme valor histórico. E avanzo que imos replicar este modelo noutros lugares, como Madrid”, reivindicou Closa.

A exposición estará dispoñible ata a mañá deste venres e consta de 86 paneis con información sobre o proxecto gañador e os demais que se presentaron.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...