InicioPolíticaDetido en Mos por un delito de odio o máximo responsable do...

Detido en Mos por un delito de odio o máximo responsable do Comité Antifascista da Lourinha

Realizou pintadas e acusou de "fascistas" ou "nazis" a diferentes institucións por apoiar a Ucraína.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil detiveron a un veciño de 31 anos do municipio pontevedrés de Mos como autor dun suposto delito de odio por “fomentar ou promover a hostilidade ou a violencia” contra os asociados e empregados da Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) por razón da súa ideoloxía.

Segundo informa o instituto armado, o pasado 5 de marzo, Aemos presentou unha denuncia pola aparición de varias pintadas na fachada da súa sede social con dúas ‘Z’ en tinta de cor vermella xunto ao texto ‘Viva Russia’.

En novembro de 2022, lembra, aparecera outra inscrición similar coa frase ‘Esmaguemos o fascismo’ asinado co acrónimo C.A.L., Comité Antifascista da Lourinha. “Ao día seguinte”, este colectivo publicou nas súas redes sociais un comunicado no que asumía as pintadas e sinalaba aos empresarios de Mos por “colaborar co nazismo e coa guerra provocada pola OTAN en Rusia“, ademais de cualificalos de “delincuentes e explotadores”, indica a Garda Civil.

As mesmas fontes explican que Aemos “no seu día” sumouse a unha campaña solidaria de axuda aos refuxiados da guerra de Ucraína, colaborando en labores loxísticos e de recollida do material.

OUTRAS ACCIÓNS

Así mesmo, en marzo de 2022, o C.A.L. reivindicou a acción de descolgar do balcón do Concello de Mos unha pancarta coas cores da bandeira de Ucraína, que fora instalada polas autoridades municipais como mostra de solidariedade con este país en guerra.

O corpo sinala tamén que este grupo levou a cabo pintadas e outras accións nas localidades de Mos e Porriño, nas que “se insulta e se sinala de forma directa como fascistas ou nazis a institucións, colectivos ou persoas por diferentes motivos”. No seu discurso, engade, xustifican o uso da violencia, feito que xerou “certo clima de temor na localidade”.

En consecuencia a estas manifestacións, o Equipo de Resposta aos Delitos de Odio (REDO) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, iniciou unha investigación por estes feitos, identificando o máximo responsable e dinamizador do C.A.L., procedendo á súa detención por fomentar ou promover a hostilidade ou a violencia contra un colectivo por razón da súa ideoloxía, neste caso os asociados e empregados de Aemos.

A investigación, que concluíu coa detención o pasado 30 de xuño, foi coordinada polo Xulgado de Instrución número 2 de Porriño (Po¡¡ntevedra) e a Fiscalía Delegada para os delitos de odio e contra a discriminación de Pontevedra, indica a Garda Civil.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...