InicioSociedadeOs portos de Vigo e Lorient asinan un acordo en materia pesqueira

Os portos de Vigo e Lorient asinan un acordo en materia pesqueira

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os portos de Vigo e Lorient asinaron este luns un acordo de colaboración “histórico” en materia pesqueira co obxecto de fortalecer as relacións comerciais.

A rúbrica foi protagonizada polos máximos responsables portuarios de ambos os portos, Carlos Botana e Olivier Lle Nézet, en presenza do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o alcalde da cidade portuaria de Francia, Fabrice Loher, xunto a representantes de institucións galegas e francesas.

Pola súa banda, o presidente da rada olívica destacou “a importancia deste irmandamento para o sector pesqueiro vigués”, xa que afecta a máis de 14 buques de bandeira francesa que descargan no Porto de Vigo, o que supón case un 42% do total da frota gransolera.

Neste sentido, Botana apuntou que este documento ten como propósito “marcar o inicio dunha procura conxunta de mecanismos de cooperación en materia de economía azul”, na que ambos os países, rexións e portos “están xa traballando”, así como impulsar o comercio de peixe e comezar a traballar nunha liña de colaboración “mutua” en aspectos comerciais e xurídicos para defender conxuntamente o sector.

“Apostamos por crear unha rede de portos pesqueiros sustentables a nivel europeo, que conte con todas as garantías legais, ambientais e sociais, fronte ás pesqueiras doutros países e que defenda a transparencia e a rastrexabilidade do peixe, a innovación, a formación dos pescadores e a protección do medioambiente”, remarcou.

Este acordo forma parte da política da Autoridade Portuaria de Vigo para atraer máis pescado á Lonxa de Vigo e revitalizar o porto pesqueiro olívico e, ademais, achega dúas institucións, de dúas culturas hermanadas polas súas tradicións, que creará sinerxías e oportunidades comerciais e favorecerá un achegamento económico e cultural de dous portos pesqueiros con grandes similitudes.

ÚLTIMAS

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...