InicioPolíticaCríticas a Cabellero por querer aprazar o Día de Galicia a setembro...

Críticas a Cabellero por querer aprazar o Día de Galicia a setembro “por mor das eleccións”

O PP de Vigo pidelle ao alcalde que rectifique e "déixese de ocorrencias".

PUBLICADO O

- Advertisement -

PP de Vigo criticou este xoves a decisión “inxustificada” do Concello olívico de aprazar ata setembro a celebración do Día de Galicia, que se conmemora o 25 de xullo, aludindo a motivos electorais. Para os ‘populares’ trátase dunha decisión “unilateralinxustificada e unha falta de consideración cara aos galegos”.

“As datas e actos oficiais están para ser respetados e non para cambiarse de forma caprichosa porque neste caso ao señor alcalde, Abel Caballero, non lle apeteza celebralo cando corresponde”, lamentou o concelleiro Miguel Martín, preguntándose que medo ten o rexedor para non celebrar o Día de Galicia cando corresponde “como fai todo o mundo”.

“Non nos vale o argumento de que a súa celebración interfire en período electoral“, engadiu, xa que as eleccións son o 23 de xullo e o día de Galicia sería xa dous días despois dos comicios. Martín lembrou que os actos institucionais non deberían converterse nun “mitin político” como fai, ao seu xuízo, Caballero. “Pedímoslle un pouco de sentidoo galego, que rectifique e que se deixe de ocorrencias“, sentenciou.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...