InicioCulturaA UVigo destaca que as súas medidas de aforro enerxético permitiron evitar...

A UVigo destaca que as súas medidas de aforro enerxético permitiron evitar un gasto de máis de 500.000 euros no inverno

PUBLICADO O

- Advertisement -

As medidas de aforro enerxético postas en marcha no tres campus da Universidade de Vigo (UVigo) permitiron evitar un gasto de máis de 500.000 euros durante o inverno, ademais dunha emisión á atmosfera de 940,2 toneladas de dióxido de carbono (CO2). Así se destacou durante a última sesión ordinaria do Claustro deste curso académico 2022/2023, que se levou a cabo en Ourense.

Foi o adxunto ao reitor para a Sustentabilidade, Jacobo Porteiro, o encargado de explicar a estrutura do consumo de enerxía e o impacto que tiveron as medidas adoptadas entre novembro e marzo. Entre elas estiveron o cambio da xestión da calefacción e a climatización dos edificios, a prohibición do uso de dispositivos de calefacción individual eléctricos ou o apagado de computadores e de equipos cando non se usan. Son “medidas de impacto importante” pero que “valeron a pena”, segundo dixo Porteiro, que agradeceu a colaboración da comunidade universitaria.

Noutra orde de cousas, durante o claustro o reitor, Manuel Reigosa, destacou o éxito conseguido na concesión de proxectos europeos, tanto de investigación como educativos, apuntando a cifra de 11,5 millóns de euros captados en 25 proxectos no que vai de 2023.

O responsable académico tamén foi o encargado de presentar aos membros da comunidade universitaria un informe sobre o desenvolvemento anual do goberno no que dedicou un maior peso a temas referir# a persoal docente e investigador e ordenación académica.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...