InicioPolíticaA oposición reclama a Caballero 'dar a cara' para dar explicacións sobre...

A oposición reclama a Caballero ‘dar a cara’ para dar explicacións sobre o ‘caso enchufe’ dunha cuñada de Carmela Silva

Os partidos da oposición fan estas manifestacións logo do ingreso en prisión do exfuncionario acusado de 'enchufar' unha cuñada da expresidenta da Deputación de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os partidos da oposición no Concello de Vigo, PP e BNG, pediron ao alcalde, Abel Caballero, “dar a cara” e ofrecer “explicacións” polo “maior caso de corrupción” que afectou á administración local, o do ‘enchufe’ dunha cuñada de Carmela Silva nunha contrata municipal por parte dun funcionario que foi condenado a 5 anos de cárcere e que acaba de ingresar en prisión.

A portavoz municipal e presidenta local do PP, Marta Fernández-Tapias, preguntou “canto tempo máis van silenciar os socialistas vigueses o maior caso de corrupción que se lembra nos últimos anos en Galicia”.

Segundo trasladou nunhas declaracións remitidas aos medios, “o PSOE de Sánchez viuse acurralado polo escándalo que, desde o primeiro momento rodeou este caso, impedindo que manobrasen a favor do indulto”. “quedaron sen opcións”, asegurou Tapias, que advertiu de que nin Abel Caballero nin Carmela Silva “poden seguir escondéndose”.

Fernández-Tapias matizou, en todo caso, que aínda non se sabe quen deu a orde ao exfuncionario para que contratase á familiar de Silva e non descarta que o condenado “acabe desvelando o dato que, con tanto receo, gardan os socialistas vigueses”.

“INDUCTORES DO DELITO”

Na mesma liña pronunciouse o portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, quen subliñou que o ingreso en prisión do exfuncionario “non resolve” este caso, porque “queda por aclarar se houbo inductores ou inductoras do delito” e quen formaba parte da “trama corrupta que perpetrou o ‘enchufe'”. “É moi difícil crer que un alto funcionario, e destacado dirixente do PSOE, colocou por casualidade á cuñada da primeira tenente de alcalde”, apostilou.

Segundo incidiu, o BNG seguirá pedindo “chegar ata o final, caia quen caia” e afirmou que “é lamentable que o PSOE de Abel Caballero decidise encubrir este asunto tan grave”, negándose a condenalo en Pleno e “sen dar ningunha explicación á cidadanía”, chegando a bloquear a creación dunha comisión de investigación no Concello ou dunha oficina anticorrupción.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...