InicioSucesosBombeiros de Vigo rescatan un neno que quedou pechado nun coche accidentalmente...

Bombeiros de Vigo rescatan un neno que quedou pechado nun coche accidentalmente mentres estaba coa súa nai

O menor non sufriu ningún dano, dado que estivo pouco tempo encerrado e que os termómetros tampouco marcaban valores moi altos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os bombeiros de Vigo interviñeron ao mediodía deste luns na rúa Doutor Carracido, no barrio do Calvario, para rescatar a un neno do interior dun vehículo, onde quedou encerrado de maneira accidental ao activar o chaveiro co que estaba a xogar.

Segundo informaron fontes deste servizo municipal, os feitos ocorreron sobre as 13,30 horas deste luns, cando a nai estaba a meter no coche ao neno, duns 3 anos. Tras acomodalo e pechar a porta, dispúñase a entrar no vehículo, pero o neno estaba a xogar coas chaves e activou o peche de forma accidental.

Os bombeiros acudiron á zona e, en vista de que o pequeno estaba tranquilo, e que a súa nai estivo xunto a el en todo momento, os efectivos optaron por tentar recuperar as chaves sen romper o cristal do coche.

Así, forzaron levemente una das portas e, con axuda dun imán, conseguiron sacar as chaves e abrir o coche. O menor non sufriu ningún dano, dado que estivo pouco tempo encerrado e que os termómetros tampouco marcaban valores moi altos.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...