InicioEconomíaConvocan dous días de folga na auxiliar de automoción Gestamp no Porriño

Convocan dous días de folga na auxiliar de automoción Gestamp no Porriño

A CIG explicou que o conflito se debe a "os cambios que a empresa está aplicado en distintas categorías profesionais, o que se traduce nunha redución de salario para as persoas traballadoras".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa da planta de Gestamp no Porriño (auxiliar do sector da automoción) anunciou a convocatoria de dúas xornadas de paro en protesta polos “graves incumprimentos” do convenio colectivo por parte da dirección, segundo trasladou o sindicato CIG nun comunicado.

A central sindical explicou que o conflito se debe a “os cambios que a empresa está aplicado de maneira unilateral en distintas categorías profesionais, o que se traduce nunha redución de salario para as persoas traballadoras afectadas”.

Por estes feitos, o órgano de representación do persoal (integrado por CC.OO., UGT, CIG, e CUT) decidiu convocar dúas xornadas de folga e concentracións para eses dous días.

A fábrica do Porriño, situado no Polígono das Gándaras, conta cun persoal de 280 operarios e as xornadas de folga serán de 24 horas, afectando os tres quendas de traballo.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...