InicioSucesosDous detidos en Vigo esta fin de semana como presuntos autores de...

Dous detidos en Vigo esta fin de semana como presuntos autores de senllos delitos de violencia de xénero

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron este pasado fin de semana a dous homes, como presuntos autores de senllos delitos de violencia de xénero.

Segundo informaron fontes policiais, a primeira intervención produciuse o sábado nun inmoble da rúa México, onde acudiu unha dotación alertada por varias testemuñas que falaban dunha forte discusión.

Ao chegar á vivenda, os policías entrevistáronse cun home, A.P.C., de 53 anos de idade, que lles confirmou que tivera unha discusión coa súa muller. Mentres, puideron observar que a aludida presentaba un hematoma no ollo esquerdo e a cella inchada do mesmo lado.

A muller explicou que se agrediron mutuamente, e que o seu marido lle propinou un cabezazo, aínda que lle restou importancia ás lesións e rexeitou a oferta dos axentes para que se lle prestase atención sanitaria. Por estes feitos, os funcionarios procederon á detención do home, natural de Vigo, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Horas máis tarde, na madrugada do domingo, unha patrulla acudiu a unha zona de lecer da cidade alertada por unha testemuña que relatou que unha amiga súa fora agredida pola súa exparella no interior dun local de copas.

Ao chegar, os axentes localizaron á moza, que lles explicou que a súa exparella, que ten unha orde de afastamento con respecto a ela, ameazouna e insultouna, chegando a agarrala polo pescozo. Por estes feitos, e tras comprobar que a orde de afastamento estaba en vigor, procederon á detención do sospeitoso, J.C.M.L., de 37 anos de idade, por un delito de violencia de xénero e un quebrantamento de medida.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...