InicioEconomíaSindicatos do metal anulan os paros para negociar, pero farán folga indefinida...

Sindicatos do metal anulan os paros para negociar, pero farán folga indefinida desde o 18 de xullo se non hai acordo

A sexta xornada de folga comezou cunha persoa detida por resistencia e desobediencia

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os sindicatos do metal da provincia anunciaron este venres a desconvocatoria dos paros anunciados para os días 12 e 13 de xullo, para “obrigar” á patronal a sentar a negociar, pero rexistraron xa a convocatoria de folga indefinida a partir do 18 de xullo se non hai acordo antes.

Así o trasladaron os portavoces de CIG, CC.OO. e UXT nunha asemblea celebrada na alameda Suárez Chairos de Bouzas, ao termo da manifestación que percorreu este venres as rúas do Vigo no marco das protestas pola negociación do convenio provincial.

Os representantes das centrais explicaron que o primeiro paso é a desconvocatoria das dúas xornadas de paro previstas para as próximas semanas, e contactar coa patronal para retomar as negociacións, xa que “o seu ego” non lles permite “baixar ao rodo”, como sinalou Celso Carneiro de CC.OO., e así “non terán escusas”.

En todo caso, anunciaron tamén a convocatoria de folga indefinida a partir do 18 de xullo se non hai acordo, e advertiron á patronal de que ten algo máis dunha semana por diante para sentar e “arranxar o conflito”. “Isto resólvese si ou si na mesa de negociación”, subliñou.

Pola súa banda, o responsable de Industria da CIG en Vigo, Xulio Fernández, proclamou que os sindicatos “non van ceder” e van gañar “” este conflito, porque o que reclaman para os traballadores “é de xustiza”.

Tras defender o “salto” á folga indefinida a partir do 18 de xullo, Xulio Fernández, subliñou que se manterá a presión “ata as últimas consecuencias” e criticou a Enrique Mallón, portavoz da patronal, a quen “hai que baixar os pantalóns”. “Aquí non se para nada”, asegurou, e denunciou a “represión” da policía aos traballadores, e o intento dos empresarios de “dividir” á parte social.

Na mesma liña, o portavoz de UXT, Rubén Pérez, tamén denunciou que se está tentado romper a unidade sindical e dos traballadores “desde moitas frontes”. Ante a convocatoria de folga indefinida, avisou que se avanza cara a “un momento difícil” polo que apelou á unidade de todos e incidiu en que o paro convocado manterase “contra vento e marea, custe o que custe” se chega o caso.

ÚLTIMAS

A Xunta e o Concello coordinarán actuacións para garantir a seguridade na estación de autobuses

A Xunta de Galicia anunciou que coordinará co Concello de Vigo e coa Delegación...

Obras na presa de Eiras interromperán a subministración de auga na área de Vigo este xoves

Obras na presa de Eiras interromperán a subministración de auga en varios concellos da...

O francés Adrien Loron e a chilena Fernanda Gildemeister, vencedores do MTB Downtown no Marisquiño

Marisquiño 2026 proclamou este domingo os gañadores de todas as competicións da súa XXVI...

Protesta de traballadores do comercio Vigo contra o traballo en festivos: “Esiximos tempo para vivir”

Preto dun centenar de empregados do comercio, convocados por Comisións Obreiras, protestou na mañá...