InicioSucesos21 anos de cárcere para o veciño de Gondomar que asasinou á...

21 anos de cárcere para o veciño de Gondomar que asasinou á súa muller a coiteladas

No xuízo probouse que a vítima, por razóns das súas patoloxías, non puído defenderse dos ataques do que era o seu marido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a 21 anos de cárcere ao home que matou a coiteladas á súa muller en decembro de 2020 en Gondomar. De acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, foi sentenciado como autor dun delito de asasinato, coa concorrencia das agravantes de parentesco e de xénero.

Ademais, a Audiencia acordou prorrogar a privación da patria potestade ou posibilidade de obtela en relación cun dos fillos do condeado e da vítima, co que tampouco poderá comunicarse nin aproximarse a menos de 200 metros do seu domicilio ou lugares que frecuente durante 26 anos. En canto á indemnización, impúxolle o pago dun total de 300.000 euros aos seus dous fillos.

Nunha sentenza con data do 4 de xullo e da que informou este xoves o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a maxistrada presidenta do Tribunal do Xurado considera que atacou á súa esposa “co propósito de acabar coa súa vida” e movido por razóns “de dominación e desprezo cara a ela pola súa condición feminina“. No fallo, subliña que “lle gritaba e humillaba de forma habitual” e que decidiu matala “como acto de imposición e dominio”.

Os membros do Xurado entenderon acreditado que a vítima “non tivo posibilidade de defenderse da agresión” do seu marido cunha arma cortante debido a que padecía obesidade mórbida e artrose, circunstancias que anulaban “a súa capacidade de defensa” e das que se aproveitou o condenado. Os membros do tribunal, segundo indica a maxistrada presidenta, baseáronse para chegar a esta conclusión no informe forense, “no cal se fai constar que non hai signos de ataque da vítima ao acusado” e no que se conclúe que era “imposible que puidese fuxir” debido ás súas patoloxías.

Así, estimaron que “non hai signos de que atacase ao seu marido”, así como que as lesións de defensa que tiña nas mans eran “mínimas” e compatibles “con intentos defensivos nados do propio instinto de supervivencia, pero sen eficacia verdadeira contra o agresor e a acción homicida”. A maxistrada subliña que “non existiu, segundo os xurados, a posibilidade dunha resistencia minimamente eficaz, ou dunha defensa real“, polo que asegura que “concorre a agravante de aleivosía que cualifica o asasinato”.

En canto á intención do acusado de causar a morte á súa muller, afirma que non cabe outra dedución, “atendendo á natureza do instrumento empregado, as zonas do corpo da vítima ás que dirixiu o ataque e as numerosas puñaladas e entidade das mesmas”. Por estes feitos, o home foi xulgado a finais do pasado mes de xuño na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

ÚLTIMAS

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da...