InicioPolíticaSumar destaca, nun encontro con empresarios en Vigo, que a redución de...

Sumar destaca, nun encontro con empresarios en Vigo, que a redución de xornada beneficiará á produtividade

Verónica Martínez lembrou que, desde xaneiro de 2022, asináronse case 350.000 contratos indefinidos en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A candidata de Sumar ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Verónica Martínez Barbeiro, defendeu este luns que a proposta da líder da formación, Yolanda Díaz, de reducir a xornada semanal de traballo impactará de forma positiva na produtividade. Así o trasladou nun encontro organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo, onde fixo balance das políticas desenvolvidas no último mandato polo Ministerio de Traballo.

“Queremos escoitar o que as empresas teñan que dicirnos sobre os seus intereses e facer un pouco de avaliación do feito nos últimos anos, do que trouxo de bo, porque é así, para o emprego e o tecido produtivo no noso país”, subliñou a candidata, en declaracións aos medios, antes do xanto coloquio. Segundo sinalou Verónica Martínez (que foi directoral xeral de Traballo no Ministerio ata o pasado 13 de xuño), “máis aló do ruído mediático e da confrontación constante, Yolanda Díaz demostrou que as cousas se poden facer doutra maneira, coa negociación e o diálogo, co acordo”.

Así mesmo, puxo en valor a última reforma laboral, que “transformou o modelo de contratación en España e en Galicia”, e permitiu que actualmente haxa máis emprego “e de maior calidade”. Respecto diso, lembrou que, desde xaneiro de 2022 asináronse case 350.000 contratos indefinidos en Galicia. Con respecto á proposta de reducir a xornada laboral, a candidata de Sumar xa sinalado que permitirá “gañar tempo para vivir” e proclamou: “Vou afirmalo con rotundidade: esta medida ten un impacto positivo na produtividade”.

Nese sentido, puxo como exemplo o experimento realizado en Reino Unido, de manter o salario, reducindo a un 80 % a xornada laboral, e mantendo o 100 % da produtividade. Alí, as empresas constataron que se reducía o absentismo, e a gran maioría delas decidiu prorrogar este esquema. A proposta de Sumar pasa por establecer por lei en 2024 unha xornada laboral máxima de 37,5 horas semanais, e abrir un diálogo social para seguir reducindo progresivamente a xornada ata as 32 horas semanais, sen reducir salarios.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...