InicioSucesosDesaloxan un edificio en Vigo tras un incendio que deixou danos materiais...

Desaloxan un edificio en Vigo tras un incendio que deixou danos materiais no interior

Ninguén resultou ferido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un edificio abanadonado de Vigo foi desaloxado este sábado tras producirse un incendio que provocou danos materiais no seu interior. Ninguén resultou ferido. Segundo informou o 112, a pesar de que había persoas no seu interior no momento dos feitos, ninguén resultou ferido. Ademais, os equipos de emerxencia indicaron ao servizo que puideron rescatar a un can, que resultou ileso.

A consecuencia das chamas, a edificación –composta por dous pisos e un ático– resultou bastante afectada. Segundo a información facilitada polos Bombeiros de Vigo, arderon por completo o ático e o segundo piso, o primeiro quedou bastante danado pola acumulación de lume e fume.

O edificio, que tivo que ser desaloxado, está situado na Rúa Sanjurjo Abadía. O 112 Galicia tivo constancia do incendio poucos minutos antes do dez horas da mañá de hoxe a través da chamada de alerta de varias persoas particulares.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso aos Bombeiros de Vigo, aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e Nacional e tamén aos efectivos de Protección Civil da cidade.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...