InicioVigo e contornaVigoCaballero acusa ao persoal de Vitrasa de estar "a tomar como reféns"...

Caballero acusa ao persoal de Vitrasa de estar “a tomar como reféns” aos cidadáns coa folga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, instou a empresa e persoal a negociar para pór fin a un conflito que se estende desde hai meses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recriminou este xoves ao persoal de Vitrasa que está “a tomar como reféns” aos usuarios do transporte público, ao convocar paros en franxas horarias onde máis se prexudica o servizo.

Así, nunha rolda de prensa, o rexedor olívico admitiu: “Estrésame ver que fan a folga ao mediodía, que é xusto o momento en que a xente viaxa no bus”. Nese sentido, advertiu de que, neste conflito na concesionaria do bus urbano, o seu papel será “defender aos cidadáns”.

O rexedor, que anunciou que ía empezar ” a falar dos salarios e as condicións de Vitrasa”, instou a empresa e persoal a negociar para pór fin a un conflito que se estende desde hai meses.

Por outra banda, preguntado acerca das denuncias dos sindicatos CUT e CIG acerca da falta de persoal no servizo de bombeiros, que a principios de semana obrigou a pechar un dos parques (o de Coruxo), Abel Caballero limitouse a constatar que “o persoal de bombeiros na adecuada para a cidade”, tal e como se recolle nun “estudo externo” encargado polo Concello.

O alcalde aproveitou a ocasión para lembrar que, cando el chegou ao goberno vigués, estes funcionarios tiñan que traballar en dous parques, o de Teis e o de Balaídos (agora pechado), “putrefactos” nos que “daba case náuseas entrar”. Agora, recalcou, o parque de Teis está reformado e modernizado, e o Concello está a construír un novo parque en Esturáns.

Os sindicatos denunciaron reiteradamente a falta de efectivos e o feito de que moitos días os bombeiros dispoñibles non alcanzan o mínimo de 20 persoas, que o propio Concello considera como límite para poder prestar o servizo. Ademais, os tribunais deron no seu día a razón ao colectivo cando recorreron un decreto que lles obrigaba a prescindir de descansos e facer horas extras.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...