InicioEconomíaAs patronais do metal piden que se desconvoque a folga para "retomar...

As patronais do metal piden que se desconvoque a folga para “retomar a normalidade” na negociación do convenio

A SUP pide que se impute aos manifestantes violentos un delito de homicidio en grado de tentativa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As tres patronais do convenio do metal de Pontevedra (Asime, Atra e Instalectra) esixiron aos sindicatos que poñan fin á convocatoria de folga para “retomar a normalidade” na negociación do novo convenio colectivo.

Nun comunicado conxunto, a parte empresarial insistiu na importancia de “acabar coa violencia e as agresións que están a impedir unha negociación efectiva en condicións de normalidade e sen coaccións”. Ao seu xuízo, as negociacións “nunca se romperon”, xa que o pasado luns foron os empresarios os que convocaron a última reunión que durou máis de seis horas e na que se “achegaron posturas” porque a parte empresarial fixo o “máximo esforzo” para que isto ocorrese.

O obxectivo era evitar os dous días de folga da semana pasada. Algo que, segundo lamentan, non ocorreu, sospeitando que “a decisión estaba adoptada de antemán e o tres centrais sindicais (CIG, UGT e CC.OO.) querían ir si ou si a esa folga e provocar o tremendo dano que se causou ao sector e ao conxunto da economía e traballadores galegos”, en relación aos incidentes nas inmediacións do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) durante a celebración da feira Mindtech do sector do metal e tecnoloxías asociadas.

A parte empresarial nunca se levantou da mesa de negociación, pero é necesario un cambio de actitude pola parte sindical, xa que vivimos actos extremadamente violentos que non teñen lexitimidade nin xustificación posible. Pola nosa banda estamos dispostos a continuar na mesa, pero as coaccións e ameazas non fan posible un diálogo efectivo para buscar un acordo”, engadiron os empresarios.

“ACTOS IRRACIONAIS”

Postura similar defendeu a Confederación Española da Policía (CEP) que, nun comunicado, condenou os “actos violentos” cara aos axentes na folga do metal por ser, ao seu xuízo, “inconcibibles e de xeito evidente irracionais”.

Por iso, solicitou á Fiscalía e á Avogacía do Estado que se impute aos manifestantes violentos de homicidio en grao de tentativa e de atentado a axente da autoridade “ao pór en serio perigo a vida dos axentes”.

Ademais, criticaron as palabras dos deputados de Unidas Podemos Enrique Santiago Romero e Antón Gómez Reino, que pediron ao Goberno que conteña á Policía Nacional para garantir o dereito á folga, pero “nada din estes señores dos policías feridos e do perigoso material que atenta contra a vida dos axentes”.

Todo iso no marco do conflito do sector do metal, despois de que os sindicatos levasen a cabo xa tres xornadas de folga e se convocaran outros tres. A próxima desenvolverase precisamente este mércores, día 28 de xuño, con manifestacións en distintas cidades da provincia de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...