InicioSociedadeO persoal de amarre do Porto de Vigo convoca tres xornadas de...

O persoal de amarre do Porto de Vigo convoca tres xornadas de paros

Os profesionais reclaman un convenio colectivo "digno" e "salarios xustos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Persoal da empresa Boteros Amarradores de Vigo (Botamavi) convocou tres xornadas de paros parciais para reclamar un convenio colectivo digno” e “salarios xustos“, segundo informou a Confederación Intersindical Galega (CIG), que ostenta a representación sindical.

En concreto, os paros desenvolveranse este luns, día 26 de xuño, e o venres 30, así como o venres 7 de xullo, sempre de 05:00 a 12:00 horas. Segundo o sindicato, a compañía négase a introducir unha cláusula de actualización salarial conforme ao IPC e tamén a mellorar os pluses e a contratar máis persoal.

Os paros pretenden reclamar unhas condicións de traballo “dignas” en Botamavi, empresa que se encarga do amarre e desamarre dos barcos no Porto de Vigo. Por iso, traballadores levarán a cabo concentracións este luns diante das oficinas da empresa a partir das 10:00 horas e o venres no peirao de transatlánticos ás 09:30 horas.

ÚLTIMAS

Así se vivirá o papel da muller na ciencia na UVigo durante todo este mes

Co obxectivo de pór en valor o papel das científicas e de fomentar as...

Mos decreta tres días de loito oficial polo crime machista de Sanguiñeda

O Concello de Mos decretou tres días de loito oficial polo crime da muller...

Investigan un novo asasinato machista dunha muller en Mos

A Garda Civil investiga como un posible caso de violencia de xénero a morte...

Un aparatoso accidente na VG-20 de Vigo sáldase, de milagre, sen feridos

Un aparatoso accidente ocorrido na tarde deste luns na autovía VG-20 de Vigo saldouse...