InicioSociedade'Mallón, cabrón, traballa de peón', miles de traballadores do metal critican ao...

‘Mallón, cabrón, traballa de peón’, miles de traballadores do metal critican ao presidente de Asime

Milleiros de traballadores do metal colapsaron este martes a entrada á feira Mindtech a modo de protesta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Milleiros de traballadores do metal colapsaron na mañá deste martes o acceso principal do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) no día que se inaugura a feira Mindtech, da industria do metal e tecnoloxías asociadas que organiza Asime.

Desde as 09:30 horas, empregados do sector foron chegando ás inmediacións do Ifevi, mentres que sobre as 10:30 horas dúas grandes manifestacións que partiron do pavillón de Loureiro e de Panelfa confluíron na rotonda do aeroporto, impedindo a entrada ao recinto feiral. Con todo, axentes da Policía Nacional impediron que os miles de traballadores, que este martes están en folga, accedesen ao Ifevi.

Con berros de ‘Convenio do metal, solución’; ‘Menos feira e máis salario’; ‘Mallón, cabrón, traballa de peón’, ou ‘Asime, escoita, ou metal está en loita’, miles de persoas alí concentradas esixiron ás patronal melloras nas súas condicións laborais.

Neste sentido, os sindicatos volveron a pedir á Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) que “escoite aos traballadores” xa que “non están a pedir imposibles”. En concreto, o portavoz de UXT, Rubén Pérez, solicitou “sentido común” na mesa negociadora do convenio para que os empresarios “traian propostas que permitan desconvocar o conflito”.

Pola súa banda, Celso Carneiro, de Comisións Obreiras, indicou que esta manifestación é a mostra de que os traballadores se manifestan “por vontade propia” porque “queren chegar a fin de mes“. Tamén Xulio Fernández, da CIG Industria, reivindicou o “músculo do sector” para alcanzar un “convenio digno“, polo que ameazou con máis xornadas de folga para conseguir “si ou si” o que se propoñen. Preguntado polo seguimento do paro, subliñou que o pasado xoves, do mesmo xeito que este martes, o paro foi “total”, o que fixo que os estaleiros non puidesen operar.

OFERTAS “RELEVANTES” DA PATRONAL

Con todo, o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, subliñou que a patronal propuxo ofertas “moi relevantes” para tratar de “achegar posturas”, cun incremento salarial do 8% en tres anos pero, ao seu xuízo, “parece que non se quería chegar a un acordo”.

Así, criticou o “erro tremendo e histórico” de convocar unha folga precisamente o día da inauguración da feira Mindtech, polo “dano á imaxe” que pode provocar para o sector. En declaracións aos medios, pediu “cordialidade” e que a concentración á entrada do Ifevi “non vaia a máis” porque cre que “se hai algo extraordinariamente negativo, a sociedade vai castigar aos sindicatos“.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...