InicioSucesosDesaloxo dun edificio da rúa Serafín Avendaño tras rexistrarse desprendementos na súa...

Desaloxo dun edificio da rúa Serafín Avendaño tras rexistrarse desprendementos na súa fachada

A causa destos desprendementos son as obras dun aparcadoiro que se están realizando no solar contiguo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un edificio situado na rúa Serafín Avendaño de Vigo tivo que ser desaloxado este pasado mércores tras producirse varios desprendementos na súa fachada debidos ás obras que se están realizando no solar contiguo.

Segundo fontes do Concello consultadas por Europa Press, os traballos que se están levando a cabo nun aparcadoiro próximo obrigaron a desaloxar o inmoble “por precaución“, polo que se seguirá de preto nos próximos días para ver como evoluciona a situación.

En concreto, reacolleuse a unha das familias, xa que só había persoas residentes no terceiro e no quinto piso. O resto está ocupado por negocios ou baixos comerciais. As mesmas fontes concretaron que o hotel destas persoas estará pagado pola construtora que executa as obras do aparcadoiro. O edificio foi apontoado e este xoves valorarase a súa situación.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...