InicioSociedadeDeteñen a tres mulleres en Vigo dunha organización itinerante dedicada a roubos...

Deteñen a tres mulleres en Vigo dunha organización itinerante dedicada a roubos en domicilios

A rápida intervención dos axentes permitiu interceptar ás sospeitosas pouco despois do roubo, cando estaban a deambular pola cidade "en busca de novos obxectivos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a tres mulleres, supostas integrantes dunha organización criminal itinerante dedicada aos roubos en domicilios. Segundo informaron fontes policiais, a detención produciuse momentos despois de que as sospeitosas fracturasen a fechadura nun piso do centro de Vigo, e entrasen para facerse con xoias e diñeiro en efectivo.

A rápida intervención dos axentes permitiu interceptar ás sospeitosas pouco despois do roubo, cando estaban a deambular pola cidade “en busca de novos obxectivos”. Así, trátase dun grupo caracterizado pola alta reincidencia delituosa nun breve espazo de tempo.

Cando foron interceptadas, os policías comprobaron que dous delas achegaban documentación falsa para identificarse, e interviñéronselles diversos obxectos que levaban ocultos entre as súas roupas: desaparafusadores, unha chave inglesa, recortes de plástico, diñeiro en efectivo, etc.).

Ás detidas impútanselles os supostos delitos de roubo con forza, falsidade documental e pertenza a grupo criminal. A Policía mantén aberta a investigación para aclarar se as sospeitosas están vinculadas con algún outro roubo con forza cometido na cidade.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...