InicioSucesosMedio cento de incidencias en Vigo tras as intensas choivas do xoves

Medio cento de incidencias en Vigo tras as intensas choivas do xoves

PUBLICADO O

- Advertisement -

As intensas choivas da tarde do xoves deixaron na cidade de Vigo medio centenar de incidencias, segundo informou a Policía Local, con baixos e garaxes alagados, árbores caídas e outros contratempos que, no entanto, non causaron danos persoais.

Así, fontes policiais informaron de máis de 50 servizos nun curto espazo de tempo en varios puntos do termo municipal. Os axentes do 092, en colaboración con outros servizos de emerxencias, tiveron que actuar para a retirada de árbores e ramas caídas, para achicar auga en baixos e garaxes, e para atender problemas de circulación nalgunhas rúas.

Segundo explicaron, as precipitacións provocaron acumulación de auga e que saltasen as tapas de rexistro nalgúns viarios, que tiveron que ser cortados ao tráfico. Con todo, insistiron, “non houbo que lamentar danos persoais”.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...