InicioSociedadeUGT denuncia que a seguridade na Cidade da Xustiza de Vigo sofre...

UGT denuncia que a seguridade na Cidade da Xustiza de Vigo sofre un “recorte drástico”

O sindicato asegurou que xa puxo unha reclamación ante o Goberno galego para solicitar a corrección dos "erros" e para esixir a rectificación desta decisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os responsables do sector de seguridade e servizos auxiliares da Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UGT en Pontevedra (FeSMC-UGT) denunciaron o “recorte drástico” na seguridade da nova Cidade da Xustiza de Vigo.

Nun comunicado, lamentaron a “ilóxica e incomprensible” decisión da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de diminuír a seguridade nos edificios xudiciais da provincia de Pontevedra, suprimindo a vixilancia nas instalacións de Lalín e Cangas e recortando un 25% a presenza deste tipo de persoal na cidade olívica.

“Esta medida, contraria aos criterios mínimos de seguridade e aos consellos das forzas e corpos de seguridade, porá en risco non só a seguridade dos propios inmobles, senón tamén a dos usuarios e profesionais que desempeñan o seu traballo dentro dos mesmos”, subliñou UGT.

O sindicato asegurou que xa puxo unha reclamación ante o Goberno galego para solicitar a corrección dos “erros” e para esixir a rectificación desta decisión.

“A Administración non pode nin debe antepor o aforro económico antes que a seguridade dos seus traballadores, así como a dos usuarios que día a día fan uso das súas instalacións“, sentenciou a organización sindical.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...