InicioSociedadeO Concello de Vigo aproba este venres definitivamente os 1,8 millóns adicionais...

O Concello de Vigo aproba este venres definitivamente os 1,8 millóns adicionais para O Marisquiño e concertos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo, cuxa corporación está en funcións, celebrará este venres un pleno extraordinario para aprobar de forma definitiva a modificación de crédito de 1,8 millóns de euros para financiar o festival O Marisquiño, os concertos de verán en Castrelos e as festas nas parroquias.

Así o sinalou o alcalde en funcións, Abel Caballero, nunhas declaracións remitidas aos medios, nas que confirmou que será este venres cando se dea luz verde a esa modificación orzamentaria, que foi aprobada inicialmente en pleno o pasado 9 de maio.

Tras ese trámite, abriuse prazo de exposición pública e, unha vez analizadas as alegacións presentadas, estas foron desestimadas, e a modificación orzamentarias, que se fai con cargo a remanentes, será aprobada definitivamente, grazas á maioría do PSOE (a oposición abstívose no pleno de maio).

A XUNTA “ABANDONA” O MARISQUIÑO

Nas declaracións de Abel Caballero deste xoves, proclamou que a Xunta de Galicia “abandona O Marisquiño” e “non quere que se faga en Vigo”. “Considéroo da maior gravidade, ímolo a financiar desde o Concello e co que a Deputación de Carmela Silva financiou”, afirmou, ante este “novo ataque da Xunta á cidade de Vigo”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...